Tempos Novos relánzase potenciando a cabeceira dixital

Ás 19 h. preséntase no Museo do Pobo Galego o relanzamento de Tempos Novos

27/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: comunicación
27 lecturas | Compartido 0 veces

Son tempos de cambios e iniciativas. A revista Tempos Novos renóvase na rede e fai unha aposta por unha cabeceira electrónica, Tempos Dixital, que acadará certa autonomía con respecto á edición en papel da revista, incorporando canda os contidos da publicación en papel máis información durante o longo da semana. Tres xornalistas faranse cargo da xeira dixital: Paulo Carlos López, Denís Fernández e Comba Campoy, canda opinadores específicos para a edición electrónica. A cargo da dirección do proxecto continuará Luís Álvarez Pousa.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas