Quiosco: TEMPOS NOVOS 275

A revista pode descargarse completa e de balde de xeito excepcional

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Quiosco: TEMPOS NOVOS 275

Debido á declaración do estado de alarma e ás dificultades que iso provoca para a chegada puntual do número de abril de TEMPOS NOVOS, tanto por subscrición como por distribución ordinaria a través dos puntos de venda habituais a editora da revista ven de poñer o número deste mes dispoñible en formato PDF, de forma excepcional e sen restricións de acceso, para todo o público lector. O número 275 desta revista galega xa pode descargarse ou consultarse en rede libremente. Ademais pode ser recibida na casa en exemplar físico cunha solicitude por correo electrónico ou desde o formulario de pedido que está dispoñible no espazo “Hemeroteca” de Tempos Dixital.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tempos Novos

Claves

Entidades