O IGAEM saca a revista da Rede Galega de Música ao Vivo

Nove mil exemplares de Ao vivo

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

A Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) conta con dúas novas canles para a difusión da súa actividade a través da revista “Ao vivo música” e da web www.musicaovivo.info, que en ambos casos ofrecen información sobre a axenda de concertos mailos grupos que configuran a programación deste circuíto de distribución musical promovido polo IGAEM en colaboración con Clubtura, Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo. A revista “Ao vivo música”, de periodicidade semestral, pode descargarse da devandita web e os seus 9.000 exemplares impresos se distribúen de xeito gratuíto nas salas da RGMV. A formación viguesa The Blows ocupa a portada do primeiro número da publicación, dando paso a máis de 30 páxinas nas que aparecen, entre outros contidos, reportaxes e entrevistas.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Ao Vivo 9

Quiosco: Ao Vivo 9

Berrogüetto centra o último número da revista Música Ao Vivo

Quiosco: Música ao Vivo

Quiosco: Música ao Vivo

A rapeira Aíd protagoniza o número 3 da revista da Rede Galega de Música ao Vivo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con IGAEM, Rede Galega de Música, Asociación Galega de Salas de Música