O herdo do xuíz

Un documental recupera a Galicia dos anos vinte con material inédito

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma do documental "Milímetros"

Fotograma do documental "Milímetros"

Foi nun deses procesos de limpeza que se fan a cotío, cando un neto do xuíz José Bellver atopou unha maleta con grabacións que fixo o seu avó. Levounas a dixitalizar a un estudo e esqueceuse delas. Adormerceron alí ata que quixo a casualidade que unha produtora pontevedresa (Matriuska) soubo delas e iniciou un proceso de localización da familia para devolverlle 29 latas que contiñan preto de tres horas de gravación. Era un material fílmico que recollía escenas cotiás de diferentes vilas de Galicia, aquelas nas que o xuíz ponferradino estivo destinado, hai preto de noventa anos. A historia das latas, así como unha montaxe do material que contiñan, fan parte de Milímetros, o documental que dirixe Xes Chapela (Moaña, 1977). O traballo pretende dar conta do valor deste tipo de materiais co gallo do Día Internacional do Patrimonio Audiovisual, que a Unesco celebra cada 27 de outubro.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, UNESCO, Moaña

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares