Un documental recupera imaxes dos anos vinte gravadas polo xuíz Bellver

A familia cede ao CGAI as 29 latas que conteñen 3 horas de gravacións

26/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Case cinco décadas despois de que o xuíz José Bellver falecera na súa casa de Pontevedra, na súa casa repousaba un dos seus segredos. Coñecíase a súa afición á fotografía (autor do album de postais “Estampas de Galicia”), pero non á cinematográfica polo que o achado tivo un valor dobre. Agora, as 29 latas que rexistraron estampas de feiras, peiraos, e rúas de todos aqueles lugares nos que o maxistrado viviu descansan no Centro Galego de Artes da Imaxe. Espazo no que hoxe se presenta o documental Milímetros, no que o director Xes Chapela aproveita as ese material para por en valor o patrimonio audiovisual e, ao mesmo tempo, trasladarnos á Galicia dos anos vinte.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

27/10/2011

O herdo do xuíz

Un documental recupera a Galicia dos anos vinte con material inédito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, CGAI, Fotografía, Centro Galego de Artes da Imaxe...