Case cinco décadas despois de que o xuÃz José Bellver falecera na súa casa de Pontevedra, na súa casa repousaba un dos seus segredos. CoñecÃase a súa afición á fotografÃa (autor do album de postais “Estampas de Galicia”), pero non á cinematográfica polo que o achado tivo un valor dobre. Agora, as 29 latas que rexistraron estampas de feiras, peiraos, e rúas de todos aqueles lugares nos que o maxistrado viviu descansan no Centro Galego de Artes da Imaxe. Espazo no que hoxe se presenta o documental MilÃmetros, no que o director Xes Chapela aproveita as ese material para por en valor o patrimonio audiovisual e, ao mesmo tempo, trasladarnos á Galicia dos anos vinte.