Descobren unha nova mina romana no río Sil

A mina ten aproximadamente 130 metros de profundidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Arqueoloxía
Compartir:

O río Sil é fecundo en explotacións auríferas romanas, pero o número deste tipo de importantes xacementos arqueolóxicos non para de medrar. La Voz de Galicia publica hoxe o achado de Carlos Rueda e José Ferreiro, quen recoñeceron unha antiga mina de auga empregada polos veciños da aldea de Lousadela para traer a auga ao lugar, e lles resultou estraña a súa factura. Acompañados polo arqueólogo monfortino Iván Álvarez examinaron de novo o lugar e Iván Álvarez concluíu que se trataba dunha antiga explotación aurífera romana dos séculos I ou II d.C.

Non é o único achado. Na área está tamén outra explotación coñecida coma O Covallón, posiblemente desta época. Como estaban unha e outra sen catalogar, Patrimonio autorizou no seu momento na área unhas prospeccións mineiras actuais.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sil, La Voz de Galicia, Arqueoloxía

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares