Comeza ciclo Diarios Sonoros: Retratos musicais do s.XX

Patrick Molard e Raúl Pinheiro tratarán sobre a música celta o vindeiro sábado 22

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Cidade da Cultura acolle o vindeiro sábado 22 a primeira sesión do ciclo Diarios Sonoros: Retratos musicais do s.XX. O encontro analizará a creación sonora mediante diálogos entre artistas, concertos exclusivos, pezas audiovisuais ou materiais gráficos. O gaiteiro bretón Patrick Molard e mais o investigador Raúl Pinheiro abren o ciclo coa sesión Celtas sen filtro. Seguiranos Inmaculada Cárdenas, a tratar sobre Arquitectura e música o vindeiro 26 de novembro e un encontro sobre Michel Giacometti o 17 de decembro. As sesións desenvolveranse no auditorio da Biblioteca de Galicia, con capacidade para 120 persoas, entre as 12 e as 13.30 horas, e está previsto que continúen o vindeiro ano. A asistencia é de balde e cómpre reservar praza.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celta, Arquitectura, Biblioteca de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia