O CSIC estrea Anaina, unha serie de monografías didáctico-divulgativas do patrimonio cultural

Xa está na rede o primeiro número, a descarga libre e de balde

Pegadas da memoria é o título no primeiro número de Anaina, a nova serie monográfica do Instituto de Ciencias do Patrimonio (CSIC) para divulgar o patrimonio cultural. Este primeiro número, coordinado por Camila Gianotti e Juan Martin Dabezies , céntrase nun proxecto sobre o patrimonio arqueolóxico de Uruguay. O primeiro número xa se pode consultar e descargar de balde. Segundo informa o CSIC nunha nota de prensa, o CSIC prevé editar unha media de dez números ao ano, en formato dixital e e de acceso libre, dirixido tanto a público xeral como investigadores. Ademais, desde o Instituto prevén a publicación de guías para o profesorado acompañadas de xogos didácticos e materiais para realizar visitas guiadas a algún dos principales depósitos galegos.

O CSIC creou en xaneiro de 2010 o Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit), coa misión de facer investigación fundamental sobre o Patrimonio para contribuir á compresión dos procesos que o producen e orientar a acción práctica sobre él e o seu mellor uso nos procesos sociais actuais.
Ligazóns