O director do Museo do Mar desde a súa apertura, Pablo Carrera, deixa o seu cargo. Segundo a ConsellarÃa de Cultura, Carrera recibiu o pasado 10 de outubro o preaviso do seu cesamento. No entanto, segundo explica Faro de Vigo, o responsable do centro, que levaba no seu posto nove anos, dimitiu pola súa disconformidade cos recortes orzamentarios que o departamento da Xunta quere realizar no centro. Este medio non conseguiu polo momento contactar co director cesante para coñecer a súa versión.
O departamento, que non adiantou quen será o substituto de Carrera, sinala que pretende levar o museo por un novo rumbo impulsando a súa implicación coa socieade viguesa, tanto a nivel de público como con entidades sociais e empresariais.
O cesamento de Carrera, que se terá que confirmar na vindeira xuntanza do padroado do Museo, deixa en suspenso varios dos proxectos pendentes do centro para este ano. É o caso da exposición sobre Guerra Submarina en Galicia durante a II Guerra Mundial, anunciada para novembro, ou o desenvolvemento das investigacións previstas sobre as factorÃas da balea en Galicia, o corso no noso paÃs nos séculos XVIII e XIX ou a historia da pesca de arrastre e de cerco.