A Consellaría da Cultura rexeita asumir en exclusiva a xestión do Museo do Mar polo seu elevado custe

O custo do Mar

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os altos custes de mantemento das instalacións do Museo do Mar de Vigo son a causa que a Consellaría de Cultura esgrime para non se facer cargo deste centro. A Zona Franca de Vigo, impulsora orixinal do proxecto, ofreceulle a este departamento a cesión na titularidade do museo a cambio de se fixese cargo da súa xestión. Desde a Xunta, pola súa banda, aseguran que están xa a traballar na creación dun organismo para desenvolver este proxecto, para o que buscan a participación de institucións como poden ser o concello ou a Consellaría de Pesca.

Máis información en Faro de Vigo e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Faro de Vigo, Culturagalega

Claves

Lugares