A Consellaría de Cultura faise cargo finalmente do Museo do Mar logo de chegar a un acordo coa Zona Franca

Mar para Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A xuntanza que mantiveron esta mañá o delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, López Peña, e mais a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, deu finalmente os seus froitos. A Consellaría de Cultura vaise facer cargo da xestión do Museo do Mar ao chegaren as dúas institucións a un acordo logo de meses de conversas frustradas. Polo momento aínda non se concretaron as condicións económicas, pero xa se pode adiantar que o museo formará parte da Rede Galega de Museos. A cesión será gratuíta e haberá un período de transición durante o cal a Zona Franca manterá a súa participación na xestión do museo.

Máis información nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Museos, Culturagalega, Vigo

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares