O Consorcio Zona Franca ofrécelle á Xunta a xestión do Museo do Mar

O museo franco coa Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Museo do mar de Galicia, construído cun orzamento de 17 millóns de euros, foi unha obra asumida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, que leva adiando a súa inauguración desde hai dous anos. Conta cun padroado de oito membros repartidos entre o Consorcio, a Consellaría de Cultura e o Concello vigués. Pero podería pasar a depender da Xunta se esta asume o seu financiamento. Así llo comunicaron membros do seu padroado logo dunha xuntanza que mantiveron onte coa titular Ánxela Bugallo. Para definir que acontecerá ao final, o primeiro paso é que Zona Franca remita á Direción Xeral de Patrimonio documentación sobre as necesidade presupostarias do museo e a Fundación que o xestiona.

Máis información no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Faro de Vigo

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares