Decembro verá a reapertura do Museo do Mar

Aí ven o mar

O Museo do Mar abrirá o vindeiro mes de decembro, é de agardar que de xeito definitivo, catorce anos despois do inicio da súa construción. Así o recolle esta fin de semana o xornal “Atlántico Diario”, que cita ao director do centro, Pablo Carrera e mais fontes da Consellaría de Cultura para lle pór data ao acontecemento. Á mostra permanente sobre a relación dos galegos coa pesca engadiranse, a partir de 2008, diferentes exposicións temporais.

Máis información nos nosos arquivos