A Universidade da Coruña fai Honoris Causa a Manuel Rivas e John Rutheford

A Mesa do Claustro aprobou esta mañá os nomeamentos dos novos doutores

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O escritor Manuel Rivas e o filólogo John Rutherford foron nomeados esta mañá doutores Honoris Causa pola Universidade da Coruña. A Mesa do Claustro da UDC aprobaba esta mañá as distincións, confirmando a proposta que saíra da Facultade de Filoloxía. Encol de Manuel Rivas, a entidade considerou que se trata o "máis senlleiro escritor coruñés vivo e un dos máis polifacéticos e relevantes creadores en lingua galega". Pola súa banda, Rutheford foi recoñecido como " un dos máis importantes valedores internacionais da cultura galega" co seu traballo desde a Universidade de Oxford. Aínda non se estableceu data para o acto do duplo nomeamento.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Universidade da Coruña, John Rutherford, Lingua galega

Claves

Conceptos