O voto de vinte funcionarios doutores acabaron decidindo quen será o novo rector da Universidade de Santiago. Foi o sistema de ponderación do voto que establece a nova lei de Universidades (a polémica LOU) a que fixo que o candidato menos votado se convertise en rector. Aínda así, foi cunha estreita marxe dun punto coa que o catedrático da Facultade de Física, Senén Barro (cun 50,5% fronte ó 49,5% de Xosé Manuel Sabucedo), acaba de proclamarse vencedor destes comicios. Unhas eleccións nas que haberá que esperar ata mañá para coñecer quen foi o vencedor no claustro.
Eleccións
O Catedrático de Computación e Intelixencia Artificial da facultade de Física, Senén Barro acaba de converterse no rector número 222 da Universidade de Santiago. E só por unha vintena de votos, os dos profesores funcionarios douctores, que rexistraron un dos indices máis altos de participación e que se decantaron polo candidato que ofrecía unha alternativa máis continuísta coas accións realizadas por Darío Villanueva, o rector ata entón. Pero estes vinte votos dos doutores valeron máis que os do profesorado funcionario non doutor, profesor a tempo completo e parcial, alumnos (de primeiro, segundo e terceiro ciclo) e o P.A.S. E isto débese ó sistema de ponderación do voto que establece a nova lei de universidades. A mesma circunstancia que se desenvolveu en Vigo, que estableceu a victoria entre o candidato menos votado (agora que o rector se elixe dun xeito directo e non indirecto como se facía ata o de agora).
E as elección tiñan tamén outras votacións. Eran as do claustro, do que de momento non se saben os resultados. En todo caso, está previsto que o vindeiro venres teña lugar a proclamación provisional dos electos, mentres que do 25 ó 30 de maio se poderán presentar as reclamacións. Será o 3 de maio cando se produza a proclamación definitiva dos integrantes deste órgano de goberno, no que os profesores funcionarios terán a maior representatividade.
Perfil do gañador
O rector 222 da Universidade de Santiago celebrou modestamente a súa victoria, recibíu as felicitacións do candidato derrotado e declarou a necesidade de ter que seguir traballando. Con él chega o continuísmo, pero el quixo desmarcarse das actividades realizadas polo seu antecesor, pero tendo claro que hai camiño feito no que hai que seguir avanzadno. Licenciuse en Física en 1985 e obtivo o doutorado en 1988. É catedrático da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial desde 1995 e director do departamento de Electríca e Computación desde 1993. O seu currículum achégao moito ó perfil dun docente máis preocupado e máis inmerso dentro do laboratorio que da acción social. Sen embargo, plantexou unha universidade baixo o lema "A Universidade que imaxinas. A Universidade que queremos" cun programa moi centrado en primar ó profesorado e estabilizar a súa situación; de feito, no seu programa falaba da necesidade de incorporar un plano de estabilización do profesorado contratado e axudantes, programa de promoción do profesorado. Para Senén Barro a prioridade da Universidade de Santiago figura en crear unha universidade de calidade que parte dunha revisión e mellora continuada da docencia, investigación, xestión e prestación de servicios. E para conseguir esa calidade, o programa de Senén Barro aséntase en tres piares. Para os estudiantes o seu programa apoiábase na necesidade de fomentar novas maneiras de aprender, con máis xornadas informativas, incentivando o asociacionismo estudiantil. Para o persoal da USC creando programas que axuden á reciclaxe do cadro de persoal actual ademais de reforzar a política de Acción Social. A estas propostas engádeselle a importancia que lle adica á investigación, ó terceiro ciclo e ás propias instalacións (un parque científico nos Campus de Lugo e Compostela -UNIPARC-, a Biblioteca Virtual e a Universidade Virtual.
A Senén Barro espérano durante o seu mandato moitos atrancos e moitos retos ós que lle terá que facer fronte. E entre eles destaca a necesidade de facer un control do gasto, xa que considera que o actual acordo de financiamento entre as Universidades galegas e a Xunta é insuficiente. Por iso propón un plan de financiamento propio e a posta en marcha de contratos programa que asegure o control social do gasto. Nesta aposta figura tamén a necesidade por manter os prezos de matrícula nos tres primeiros ciclos e acadar máis partidas econ´moicas procedentes do sector privado.
Equipo gañador
Con Senén Barro entran na cúpula académica novos nomes que farán posible cumplir o programa co que Senén Barro concorreu a estas eleccións. Os nomes son:
-José Sordo Rodríguez (SanteTrabada-Lugo, 1946), vicerrector de Calidade e Planificación Estratéxica é catedrático de Química Inorgánica.
-Castor Méndez Paz (Castrelo de Miño-Ourense, 1952) vicerrector de Profesorado e Organización Académica, é catedrático de Psicoloxía Básica.
- Eduardo García-Rodeja Gayoso (Lugo, 1953), vicerrector de Investigación e Innovación é profesor titular de Edafoloxía e Química Agrícola. Doutor en Bioloxía.
-Elena Vázquez Cendón (OUrense, 1966), vicerrectora de Estudiantes, é profesora titular de Matemática Aplicada.
- María del Mar Lorenzo Moledo (Noia, A Coruña), vicerrectora de Extensión Cultural e Servicios Universitarios e Servicios á Comunidade Universitaria. É profesora titular de teoría e Histoira da Educación.
-Andrés Beiras Iglesias (Santiago, 1947), vicerrector de tecnoloxías e Infraestructuras, é catedrático de Histoloxía Humana. Doutor en Medicina.
- Miguel A. Vázque Taín (A Merca-Ourense, 1966) vicerrector de Economía e Financiamento, é profesor titular de Economía Pública e Sistemas Fiscais en Ciencias Económicas e Empresariais.
-Ramón Velo Sabín (Ferrol, 1953), vicerrector adxunto de Organización Académica e Servicios á Comunidade Universitaria, é profesor titular de Enxeñería Agroforestal na Escola Politécnica Superior.
-Marcelino Agís Villaverde (Raxó- Pontevedra, 1963), vicerrector de Terceiro Ciclo de Extensión Docente, é profesor titular de Filosofía.
- José Manuel Cifuentes Martínez (A Mezquita- OUrense, 1951), vicerrector adxunto de Investigación, Terceiro Ciclo e Extensión Docente, é profesor titular de Anatomía e Embrioloxía de Veterinaria.
- Maria Ángeles López Cabarcos (Lugo, 1968), vicerrectora adxunta de Economía e Infraestructuras, é profesora titular de Organización de Empresas.
-Ángel Luis Hueso Montón (Madrid, 1945), vicerrector de Comunicación e Proxección Exterior, é catedrático de HIstoria da Arte na facultade de Xeografía e Historia.
-Joaquín Rodríguez Toubes Muñiz (Ourense, 1962) secretario xeral, é profesor titular de Filosofía do Dereito.