Dous encontros lembran a Guerra da Cal e a Castelao

A Academia Galega da Língua Portuguesa e a Asociación de Escritores en Lingua Galega promoven cadanseu acto

11/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A sede da Fundación Caixa Galicia en Compostela acolle hoxe e mañá O I Colóquio Guerra da Cal, co que a Academia Galega da Língua Portuguesa quere celebrar o centenario deste escritor ferrolán. Canda a aspectos da vida e obra do autor, como a amizade con Lorca, a súa produción poética e a súa produción musical, o encontro aborda tamén diferentes cuestións sobre a lexicoloxía e a situación do portugués. Pola súa banda, a Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra o vindeiro sábado 15 na Cidade da Cultura a xornada Volver a Castelao, na que se abordarán cuestións como a pegada do rianxeiro na construción do nacionalismo, a súa importancia na crítica social e no humor gráfico ou a súa obra literaria.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Guerra, Escritores, Lingua galega...