Comeza en Barcelona o XXVIII Congreso Galeusca de escritores

O evento ten o seu eixe na tradución literaria

30/9/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A coincidir, hoxe, coa celebración do Día da Tradución, arrinca en Barcelona o XXVIII Congreso Galeusca de escritores que se celebrará ata mañá e que ten como lema A tradución literaria. Profesión e creación. No encontro analizarase a pegada deste ámbito nos sistemas literarios vasco, catalán e galego, con cuestións como a pegada da edición dixital no traballo de tradución ou a situación do castelán como lingua de mediación entre as cooficiais. Armando Requeixo, Manuela Palacios, Mercedes Queixas e Cesáreo Sánchez compoñen a delegación da Asociación de Escritores en Lingua Galega no evento.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

09/10/2012

Pegada de tradución

A importancia do fluxo de obras traducidas desde e para o galego medra na nosa literatura

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Escritores, Barcelona, Mercedes Queixas...