Atalaia achégase ao universo fotográfico de Damián Ucieda

A canle de arte contemporánea incorporará cada luns un novo creador galego

10/10/2011 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
3 lecturas | Compartido 0 veces

Damián Ucieda Untitled #11 (serie Simulacrum). Fotografía, 2007

Damián Ucieda (Sada -A Coruña-, 1980) é un fotógrafo que desenvolve a súa actividade entre A Coruña e Londres, que presenta un traballo que se achega á idea de representación, como escena premeditada e construída, coma se fosen fotogramas extraídos dun potencial relato do que descoñecemos o antes e o despois. O seu traballo, que se pode ver desde hoxe en Atalaia, inicia un novo ritmo de actualización desta canle especializada en arte contemporânea de Culturagalega.org. Cada luns, imaxes, textos e ligazóns darán conta dun creador novo en Atalaia, ata sumar um total de cincuenta novas entradas. Deste xeito completarase o proceso de creación dun arquivo representativo dos artistas galegos máis activos no panorama actual.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos