Poesiagalega.org presenta unha versión ampliada do dosier sobre Lois Pereiro

Lois Pereiro–Achegas críticas inclúe boa parte do material que se publicou desde o Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Capa de Lois Pereiro - Achegas críticas segunda edición

Capa de Lois Pereiro - Achegas críticas segunda edición

O completo dosier que Poesiagalega.org presentaba o pasado mes de maio sobre Lois Pereiro conta xa cunha segunda edición ampliada. A nova versión "incorpora unha parte significativa da relevante produción crítica dedicada ao autor con motivo da celebración do Día das Letras", entre as que se atopan os suplementos específicos que se publicaron en El Ideal Gallego, Faro de Vigo e Xornal de Galicia, así como o catálogo completo da exposición Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi posmoderna. Asimesmo, tamén se poden ouvir e ollar as entrevistas que lle fixeron Ana Romaní e Xosé Ramón Gayoso ao poeta ou diferentes documentos audiovisuais que recollen a celebración do Día das Letras. O material está dispoñible no web Poesiagalega.org, onde tamén se pode descargar completo en formato pdf.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O Dosier Pereiro

O Dosier Pereiro

Poesiagalega.org presenta un detallado dosier de contidos sobre o homenaxeado no Día das Letras

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Pereiro, Ana Romaní, Xosé Ramón Gayoso, Faro de Vigo...