A Ópera dos tres reás é a obra máis vista da historia do CDG

Obtivo 19.700 espectadores en 34 funcións

4/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
21 lecturas | Compartido 0 veces

Detalle da Ópera dos tres reás

Era un proxecto ambicioso de partida: un elenco amplo (e Luís Tosar como cabeceira de cartel), música en directo, a xira máis ampla fora do país para un formato de longa duración. E a Ópera dos três reás conseguiu reunir a 19.700 espectadores logo de 34 funcións (en doce localidades). Deste xeito, tal e como figura nunha nota de prensa remitida por Agadic, é o espectáculo máis visto da historia do Centro Dramático Galego. A obra é tamén o primeiro proxecto de Blanca Cendán como directora desta unidade de produción.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Historia, Ópera, Luís Tosar, Espectáculo...