Rinoceronte lánzase aos audiolibros

A casa de Mango Street e O tradutor cleptómano abren a colección

Autora: <a href=angie k" width="300">
Autora: angie k
Trátase dun formato moi pouco usual para os lectores galegos. O audiolibro, malia a levar anos no mercado, non conseguiu nunca unha aceptación importante. Agora, Rinoceronte Editora quere aproveitar os novos hábitos de consumo sonoro e fai a súa aposta neste campo cunha colección de obras traducidas. Coincidindo con este lanzamento, culturagalega.org e Rinoceronte convídante a un sorteo de audiolibros na nosa páxina de Facebook.

Participa no noso sorteo dun lote de libros de Rinoceronte e Morgante. Consulta aquí as condicións

---------------------------------

“O formato non é moi coñecido nin en Galicia, nin en España nin na maior parte do mundo”, explica Moisés Barcia, director de Rinoceronte. “Hai países que teñen un maior hábito de lectura no que é algo máis habitual e pareceunos interesante tentalo”. Na editora pensan que os hábitos de consumo de música con dispositivos portátiles pode favorecer a implantación do formato no noso país. “O audio portátil está moi desenvolvido. Calquer ten a opción de escoitar múscia no seu teléfono ou no seu reprodutor MP3, e pensamos que a literatura pode ser, como a música, unha opción para escoitar mentres conduces, empregas o transporte público, pasas a aspiradora ou simplemente te relaxas”.
A colección, en formato CD, sae á rúa con A casa de Mango Street, de Sandra Cisneros e mais O tradutor cleptómano de Dezso Kosztolányi. No web de Rinoceronte adiántanse xa os vindeiros lanzamentos, ata final de ano, de Seda de Alessandro Baricco, Sjón de Skugga-baldur, O ano do xardineiro, de Karel Capek e Montedidio de Erri de Lucca. “Estes títulos teñen en común que són obras breves de entre 100 e 130 páxinas. Non queríamos arriscarnos a saír con obras máis grandes, que tamén resultan máis caras de gravar. Tamén son obras que obtiveron un bo resultado de vendas, dentro do que iso pode ser para os libros que publicamos en Rinoceronte”, explica Barcia. As obras publicadas teñen así unha duración aproximada dunhas tres horas de locución.

A depender da recepción do proxecto, a editora prevé unha segunda quenda de lanzamentos, entre os que están títulos como Gotz e Meyer, de Albahari, O xardín de Mualya Abd de Kaminski, Botchan de Soseki, Unha lectora fóra do común de Alan Benett e a Edición anotada de Sherlock Holmes de Conan Doyle. Precisamente por estes títulos, a editora recibiu a axuda a Grandes Proxectos Editoriais da Xunta. Aínda que Barcia advirte que “na realidade é unha compra de exemplares. De cada título adquiren unha porcentaxe ao 56% do prezo, que é unha condición bastante vantaxosa para Xunta. E isto mesmo contradí a publicación no Diario Oficial, que fala de compras ao 75% do custo. De calquera xeito parécenos importante que mande exemplares deste material ás bibliotecas