ADEGA premia fotos e relatos para denunciar as agresións ao patrimonio

Os ecoloxistas queren "reivindicar unha ordenación territorial sustentábel"

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Fotografía gañadora na categoría Adultos: "Agresión vs. Agresión". Autor: Luis Suárez

Fotografía gañadora na categoría Adultos: "Agresión vs. Agresión". Autor: Luis Suárez

ADEGA entregou hoxe os galardóns do concurso Relatos e Fotos polo Territorio, cos que a organización ecoloxista quere "facer partícipe á cidadanía galega no retrato do estado actual do territorio a través da imaxe e da palabra". Os gañadores foron Teolinda Lorenzo e Luis Suárez, no concurso de fotografía, nas categorías xuvenil e adulta respectivamente. No concurso de relatos, gañaron Sara Azidane, na categoría xuvenil, e María Brañas, na adulta. "A intención destas convocatorias", segundo ADEGA, foi "reivindicar unha ordenación territorial sustentábel".

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ADEGA, Fotografía

Claves

Entidades
Conceptos