Agadic ensaia o patrocinio como figura para apoiar a creación galega

O florido pénsil é a primeira montaxe que se realiza con esta fórmula

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

“Primeiro existía unha fórmula que eran os convenios, despois chegaron as subvencións e agora pareceunos interesante experimentar se podería funcionar unha vía como o patrocinio no que as compañías tamén arriscan co espectáculo”. Así se explicou hoxe Juan Carlos Fasero, director de Agadic, na presentación de O florido pénsil (Produtora Emedous), primeira montaxe que se presenta baixo esta fórmula. Agadic achegou 25.000 euros, así como a cesión do Salón Teatro onde mañá se estreará o espectáculo que estará de xira pola Rede Galega de Teatros e Auditorios ata mediados de decembro. “É unha fórmula que pretendemos aplicar a determinados proxectos se esta experiencia resulta positiva” matizou o director de Agadic.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un pénsil moi florido

Un pénsil moi florido

Eme2 estrea a adaptación ao galego da exitosa obra sobre as escolas franquistas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Teatro, Rede Galega de Teatros e Auditorios, Salón Teatro...