Os distribuidores explican outros modelos no marco dunhas xornadas de artes escénicas

Xulio Lago fixo unha recuperación da orixe e da funcionalidade da Rede de Teatros

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Escena Galega convocou onte en Santiago a asociados e público interesado nas artes escénicas para buscar modelos e fórmulas para redefinir e darlle máis pulo ás redes de distribución escénica. Na primeira das mesas de debate serviu para poñer de manifesto a orixe e a función da Rede Galega de Teatros e Auditorios, nunha intervención a cargo de Xulio Lago. Nesa mesma sesión, o distribuidor Julio Perugorria puxo sobre a mesa a experiencia de Euskadi, que acaba de adoptar dúas medidas que están a funcionar nese país. Dunha banda, partidas de axudas que cofinanciaban o caché dos espectáculos de adultos (metade goberno vasco, un 25% o concello e o despacho de billetes para as compañías) e de rúa (o 70% o goberno vasco e o 30% os concellos). Da outra, un acordo entre os programadores e exhibidores da rede vasca coas compañías que é independente das axudas de cultura aos espectáculos.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Manifesto, Rede Galega de Teatros e Auditorios, Escena Galega...