Espectáculos de pequeno formato, música e diálogos cada vez menos frecuentes, un público que mingua, representacións que só se repiten unha vez cada dos veces, un número desmesurado de compañÃas e de espectáculos... estes son algúns dos vezos e defectos da actual Rede Galega de Teatros e Auditorios. Deficiencias que figuran nun informe que o Foro Teatral de Sada debate mañá na Sala Yago e que sentará na mesma mesa a compañÃas, cos programadores e coordinadores.
"A situación social vai mudando e as estruturas tamén deben facelo" explica Eduardo Alonso cando fala da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Sobre este tema falarán nunha xornada de debate á que están convocadas as CompañÃas que forman parte da Rede, o IGAEM e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE). Sobre a mesa, o Foro de Sada presenta un informe que enumera e cuantifica as deficiencias teatrais.
O informe
Xulio Lago, membro do Foro de Sada e coordinador desta xornada asegura que "o documento ten a observación de cinco anos de programación dos concellos galegos que forman parte da rede de teatros e auditorios. Un informe no que se detecta unha terrorÃfica inflación de espectáculos sen criterios, unha irregularidade na periodicidade e unha caÃda desde a nosa perspectiva do prestixio e calidade do noso teatro e da corresponsabilidade que teñen as compañÃas e o IGAEM como estrutura e como os propios organizadores".
En 14 páxinas o Foro de Sada enumera algunhas das deficiencias que cualifica de precarias e que son comúns ás redes A e B (distinción estabelecida polo IGAEM en función da traxectoria teatral de cada concello, do público asistente...). Entre elas destaca o gran número de espectáculos e de compañÃas por temporada, que relacionado co baixo número de espectáculos contratados ofrece conclusións como que unha compañÃa presenta un espectáculo dúas veces en dous anos e "isto, asegura Xulio Lago, non é unha rede, é un traballo case puntual". Pero segundo Eduardo Alonso apunta a que son moitos máis: "hai concellos que mesmo non cobran as entradas, que é un dos requisitos principais para formar parte da Rede".
"O obxectivo é modificar esta realidade, reflexionar sobre os datos e ver se esta impresión de mal momento e de situación precaria que ten o Foro de Sada é certamente asà e tomar conciencia da necesidade desta realidade". Asà Xulio Lago estabelece que o documento non é só unha crÃtica á polÃtica teatral desenvolvida polo IGAEM, senón que se trata dun documento positivo porque cuantifica unha realidade para evidenciar que hai un problema con medidas concretas para atallalo.
Debate continuado
Tanto Xulio como Eduardo forman parte do Foro de Sada e ambos coinciden en destacar que non é unha situación nova. En xuño do ano pasado, o Foro teatral elaborou un documento de traballo titulado "A programación teatral: unha nova proposta" no que enumeraban as solucións a problemas que detectaron sobre a propia Rede. Eduardo recorda que "aquel documento pretendÃa dar unhas alternativas a como se podÃan resolver os problemas concretos. Como non se tomou nunha medida decidimos realizar un informe que cuantifica os cinco últimos anos de polÃtica teatral por parte das redes"
Boa parte do informe que mañá se debate recolle algunhas das propostas que foron propostas naquel documento e entre as que figura a necesidade de redefinir as redes A e B, de crear a rede V (unha rede de verán), de reducir o número de espectáculos en función de criterios cunha mÃnima calidade, ou que a presenza de espectáculos da oferta de rede non vaian alén de tres semestres.
Sobre o Foro
Desde hai seis anos, un grupo de directores, dramaturgos e profesionais de diferentes partes do teatro constituÃron un foro no que se debaten en profundidade as estratexias e a situación actual do teatro galego. No fondo de todos os seus debates está a necesidade de alcadar que o Teatro Galego sexa un referente cultural de primeira orde, protexido, respeitado e valorado pola sociedade galega.
Na constitución deste Foro elaboraron un documento que cuantificaba nuns vinte puntos, as liñas de actuación sobre o tecido teatral. "Daqueles vinte puntos, recorda Xulio Lago, levamos desenvolvidos catro ou cinco. Neles estaba a creación da Escola Superior de Arte Dramática ou a redefinición da rede". Eduardo Alonso apunta outros novos como "a necesidade de reestruturación do IGAEM como organismo administrativo até as polÃticas de axudas de produción de espectáculos".
O "modus operandi" do Foro é sempre o mesmo, a elaboración dun documento de traballo relacionado con algúns dos vinte puntos fundacionais desta sociedade sobre o que logo reflexionarán e debaterán as partes implicadas. Alén do "Informe e reflexión en torno á rede galega de teatros" está "A programación teatral: unha nova proposta, outro sobre as compañÃas residentes e outro sobre as relacións entre as polÃticas teatrais desde as administracións locais. Un camiño continuado en prol de mellorar o teatro galego e tal e como recoñecen no informe que mañá debaterán "tal vez poderÃan ser un primeiro paso para a necesaria modificación da situación actual, pero non hai ningún empeño en que sexa o único camiño".
Documento "Informe e reflexións en torno á rede galega de teatros"."A situación social vai mudando e as estruturas tamén deben facelo" explica Eduardo Alonso cando fala da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Sobre este tema falarán nunha xornada de debate á que están convocadas as CompañÃas que forman parte da Rede, o IGAEM e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE). Sobre a mesa, o Foro de Sada presenta un informe que enumera e cuantifica as deficiencias teatrais.
O informe
Xulio Lago, membro do Foro de Sada e coordinador desta xornada asegura que "o documento ten a observación de cinco anos de programación dos concellos galegos que forman parte da rede de teatros e auditorios. Un informe no que se detecta unha terrorÃfica inflación de espectáculos sen criterios, unha irregularidade na periodicidade e unha caÃda desde a nosa perspectiva do prestixio e calidade do noso teatro e da corresponsabilidade que teñen as compañÃas e o IGAEM como estrutura e como os propios organizadores".
En 14 páxinas o Foro de Sada enumera algunhas das deficiencias que cualifica de precarias e que son comúns ás redes A e B (distinción estabelecida polo IGAEM en función da traxectoria teatral de cada concello, do público asistente...). Entre elas destaca o gran número de espectáculos e de compañÃas por temporada, que relacionado co baixo número de espectáculos contratados ofrece conclusións como que unha compañÃa presenta un espectáculo dúas veces en dous anos e "isto, asegura Xulio Lago, non é unha rede, é un traballo case puntual". Pero segundo Eduardo Alonso apunta a que son moitos máis: "hai concellos que mesmo non cobran as entradas, que é un dos requisitos principais para formar parte da Rede".
"O obxectivo é modificar esta realidade, reflexionar sobre os datos e ver se esta impresión de mal momento e de situación precaria que ten o Foro de Sada é certamente asà e tomar conciencia da necesidade desta realidade". Asà Xulio Lago estabelece que o documento non é só unha crÃtica á polÃtica teatral desenvolvida polo IGAEM, senón que se trata dun documento positivo porque cuantifica unha realidade para evidenciar que hai un problema con medidas concretas para atallalo.
Debate continuado
Tanto Xulio como Eduardo forman parte do Foro de Sada e ambos coinciden en destacar que non é unha situación nova. En xuño do ano pasado, o Foro teatral elaborou un documento de traballo titulado "A programación teatral: unha nova proposta" no que enumeraban as solucións a problemas que detectaron sobre a propia Rede. Eduardo recorda que "aquel documento pretendÃa dar unhas alternativas a como se podÃan resolver os problemas concretos. Como non se tomou nunha medida decidimos realizar un informe que cuantifica os cinco últimos anos de polÃtica teatral por parte das redes"
Boa parte do informe que mañá se debate recolle algunhas das propostas que foron propostas naquel documento e entre as que figura a necesidade de redefinir as redes A e B, de crear a rede V (unha rede de verán), de reducir o número de espectáculos en función de criterios cunha mÃnima calidade, ou que a presenza de espectáculos da oferta de rede non vaian alén de tres semestres.
Sobre o Foro
Desde hai seis anos, un grupo de directores, dramaturgos e profesionais de diferentes partes do teatro constituÃron un foro no que se debaten en profundidade as estratexias e a situación actual do teatro galego. No fondo de todos os seus debates está a necesidade de alcadar que o Teatro Galego sexa un referente cultural de primeira orde, protexido, respeitado e valorado pola sociedade galega.
Na constitución deste Foro elaboraron un documento que cuantificaba nuns vinte puntos, as liñas de actuación sobre o tecido teatral. "Daqueles vinte puntos, recorda Xulio Lago, levamos desenvolvidos catro ou cinco. Neles estaba a creación da Escola Superior de Arte Dramática ou a redefinición da rede". Eduardo Alonso apunta outros novos como "a necesidade de reestruturación do IGAEM como organismo administrativo até as polÃticas de axudas de produción de espectáculos".
O "modus operandi" do Foro é sempre o mesmo, a elaboración dun documento de traballo relacionado con algúns dos vinte puntos fundacionais desta sociedade sobre o que logo reflexionarán e debaterán as partes implicadas. Alén do "Informe e reflexión en torno á rede galega de teatros" está "A programación teatral: unha nova proposta, outro sobre as compañÃas residentes e outro sobre as relacións entre as polÃticas teatrais desde as administracións locais. Un camiño continuado en prol de mellorar o teatro galego e tal e como recoñecen no informe que mañá debaterán "tal vez poderÃan ser un primeiro paso para a necesaria modificación da situación actual, pero non hai ningún empeño en que sexa o único camiño".
Informe elaborado polo Foro Teatral de Sada co obxectivo de cuantificar e enumerar a problemática do teatro galego actual e con medidas concretas para atallalo.