As necesidades da distribución do teatro centran unha xornada de debate

Escena Galega convoca esta actividade que contará coa presenza do conselleiro de Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Co dilema de se este ano haberá ou non Feira Galega das Artes Escénicas (principal foro de venda de espectáculos escénicos que se exhiben a programadores e distribuidores), Escena Galega acaba de convocar unha xornada para falar precisamente, dese tipo de iniciativas necesarias para a distribución dos espectáculos escénicos. A xornada terá lugar o día 20 de setembro (Fundación Caixa Galicia, Santiago) en ela prticipará distribuidores, programadores, actores, produtores e público en xeral. Entre as propostas que se debaterán figura crear unha rede privada de distribución ou a creación dunha comisión reguladora das redes. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, será o encargado de abrir a xornada.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escena Galega, Teatro, Roberto Varela, Artes Escénicas...