A asociación galega de empresas de artes escénicas -Escena Galega organiza por vez primeira unha xornada de venda e promoción de espectáculos propia na Cidade da Cultura de Galicia. Este encontro denominado '1ª Xornada escénica de promoción profesional e venda de Galicia', que terá lugar o vindeiro martes, 9 de novembro, ponse en marcha como "proba piloto" e trata de "crear un espazo profesionalizado de relación entre compañías e profesionais da programación para axudar a facilitar a labor de distribución e venda dos espectáculos, por unha banda, e de contratación dos mesmos, pola outra". Á cita acudirán unha vintena de programadores de concellos e un representante dun espazo privado, a Sala Ártika de Vigo. O prazo de inscrición de compañías permanece aberto ata o vindeiro venres 29 de outubro.
A pesares de que xa existe a feira Galicia Escena Pro, organizada desde a Axencia Galega de Industrias Culturais en xuño, a asociación enfoca esta nova actividade que organiza co apoio económico da mesma axencia pública e da Cidade da Cultura, sobre todo na produción e traballos escénicos producidos no segundo semestre do ano e de cara á programación do primeiro semestre do 2022 da Rede Galega de Teatros e Auditorios, mais tamén da convocatoria da Rede Cultural da Deputación da Coruña a comezos de ano ou de calquera outra programación propia dos espazos (campañas escolares, programacións de Nadal, etc). As actividades consistirán en programar roldas de negocio (xuntanzas rápidas bilaterais entre compañías e programadores/as dun máximo de 8 minutos) e roldas de presentacións profesionais de proxectos escénicos dun máximo de 8 minutos de duración, nos que as compañías debullarán espectáculos xa producidos ou por producir, apoiados por elementos audiovisuais. Segundo a organización ese tipo de presentación non supón a posta en escena dunha escena ou fragmento dun espectáculo senón a comunicación das características do mesmo enfocada a un público profesional.