Arrinca en Bueu a cuarta edición do Festival de Curtametraxes

Exhibiránse 25 traballos que integran a sección oficial

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma dunha das proxeccións desta edición de Ficbueu

Fotograma dunha das proxeccións desta edición de Ficbueu

A historia de dous cativos que soñan con mercar a camiseta do seu ídolo, o futbolista Cristiano Ronaldo ( Le maillot de Cristiano); unha viaxe na busca das raíces e do amor (Tabu); ou unha aproximación á figura de Fina Casalderrey son as historias que centran a primeira xornada de Ficbueu. É a cita coa curtametraxe que arrinca hoxe en Bueu e que conta con 25 títulos na súa sección oficial. Alén das proxeccións, o sábado haberá unha gran gala na que repartirán os galardóns deste certame que xa cumpre catro anos exhibindo curtametraxes.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fina Casalderrey, FICBueu

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares