O concello de Santiago redefinirá o seu programa cultural de verán

O festival dos abrazos rematou o sábado cun espectáculo acrobático

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Instantánea do espectáculo Atempo, que pechou o Festival dos Abrazos

Instantánea do espectáculo Atempo, que pechou o Festival dos Abrazos

Esta fin de semana un espectáculo que combinaba, a ritmo de música, mastro chinés, roda de Cyr e a corda voante, puxo fin á programación do Festival dos Abrazos. Con peche desta edición pechábase tamén unha nova etapa xa que o novo concelleiro de Cultura, o popular Ángel Currás, confirmou que cambiará de nome e modificará o formato. Na súa opinión, os vindeiros festivais de verán deberán conter máis programación orientada aos pequenos. Mentres, pola súa banda, o concelleiro do BNG en Santiago (responsables da política cultural do concello na última lexislatura), Rafael Vilar fixo unha valoración positiva dun encontro que “está consolidado na programación estaival e do que destcamos a participación do público”.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Concello de Santiago, BNG

Claves

Conceptos