Para grandes e pequenos, con carácter divulgativo e sobre todo co medio mariño como protagonista. A cada participante do “Campus do Mar na Praia” entrégaselle un pasaporte que precisa de nove selos, tantos como obradoiros hai integrados nunha carpa ao pé dos principais areais de Galicia. Unha proposta lúdica, refrescante e sobre todo didáctica que permitirá saber desde que hai nunha pinga de auga ata crear unha duna.
“Queremos que os cidadáns coñezan a riqueza do contorno no que viven ao mesmo tempo que saiban que existe un Campus de Excelencia Internacional moi preto deles que se dedica a investigar o medio mariño” explica Jorge de los Bueis, coordinador do campus de divulgación cientÃfica “Campus do Mar na Praia”. Trátase dunha acción de divulgación que une dous factores: a riqueza do litoral galego e a afluencia turÃstica das praias. Por iso, seleccionaron tres enclaves moi populosos e idearon un espazo portátil que permitise a cabida de entre 80 e 100 visitantes simultaneamente. Comezaron a súa experiencia en Riazor, aÃnda que a mala climatoloxÃa obrigou a pechar antes de tempo. Esta fin de semana trasladan o seu campamento de 250 metros e nove obradoiros ata Sanxenxo (Areal de Baltar en Portonovo, do venres 19 ao sábado 21) co que pretenden dar a coñecer os contidos relacionados co medio mariño distribuÃdos en cinco módulos repartidos en nove obradoiros que van desde a coñecer o propio proxecto cientÃfico Campus do Mar, ata coñecer de onde veñen os principais peixes que consumimos, como se chaman ou cales son as súas tallas mÃnimas.
A xénese: un proxecto cientÃfico
Dos case seis mil quilómetros de costa que ten o territorio español, 1.200 deles están situados en Galicia (só a provincia da Coruña ten 786 quilómetros). Con toda esa superficie, non é de estrañar que existan diferentes titulacións no noso paÃs destinadas a investigar o medio mariño. Desde hai un par de anos, e coa colaboración de centros portugueses e as tres universidades galegas, creouse o Campus do Mar. Un proxecto de excelencia cientÃfica que promove esta actividade de divulgación nos areais, como unha acción de divulgación destinada a desenvolver na sociedade o proxecto cientÃfico-tecnolóxico. Por iso, o primeiro destes obradoiros que inicia o percorrido dos visitantes pretende dar a coñecer o marco no que se desenvolve a proposta. “Baixo o tÃtulo de Investigador por un dÃa, explica Jorge de los Bueis, pretendemos dar a coñecer en que consiste exactamente o Campus do Mar, que existe e por quen está composto”.
A importancia da auga
Nunha actividade destinada ao medio mariño non podÃan falta obradoiros especÃfico para a auga. Jorge de los Bueis explica que hai dous obradoiros especÃficos “nun deles aprenderán o que hai nunha pinga de auga e, con aparellos especÃficos, descubrirán cousas que non podemos ver a simple vista”. No outro, “explicaremos qué factores inflúen na temperatura e na salinidade da auga, e como circula a temperatura que ten e como iso inflúe na súa circulación”, puntualiza.
E da area
A golpe de pala e area, os participantes neste obradoiro poderán recrear unha duna. “Só deste xeito poderán ver a súa composición en tres cordóns, a importancia na protección dos areais, de cómo serven de reservorio natural das praias” explica o coordinador deste programa de divulgación que aproveitará tamén para explicar a normativa europea que existe para protexer o litoral.
No medio, haberá obradoiros para coñecer cales son os principais peixes que comercializan no mundo, a súa procedencia e a información básica. É unha das actividades estrela, xa que como explica Jorge de los Bueis, “os participantes poderán facer un simulacro de pesca, algo que sempre lle encanta aos máis pequenos, pero todo o que pesquen deberá estar dentro das tallas mÃnimas permitidas”. Completa este percorrido polo mundo mariño, cun obradoiros destinados á investigación aplicada das novas tecnoloxÃas tanto na confección de veas, barcos e dos sistemas de medición que se empregan na actualidade para coñecer e predicir o medio mariño.
O proxecto de divulgación, que recolle o testemuño deixado por unha iniciativa semellante (Efervescencia nas praias) e que xa fora probada con anterioridade (e galardoada co Premio Nacional de Divulgación CientÃfica), pretende conseguir que uns 8.000 veraneantes se deixen pasar por unha carpa que despois desta fin de semana en Sanxenxo, pechará o seu percorrido en Samil.
Cubre o teu pasaporte.“Queremos que os cidadáns coñezan a riqueza do contorno no que viven ao mesmo tempo que saiban que existe un Campus de Excelencia Internacional moi preto deles que se dedica a investigar o medio mariño” explica Jorge de los Bueis, coordinador do campus de divulgación cientÃfica “Campus do Mar na Praia”. Trátase dunha acción de divulgación que une dous factores: a riqueza do litoral galego e a afluencia turÃstica das praias. Por iso, seleccionaron tres enclaves moi populosos e idearon un espazo portátil que permitise a cabida de entre 80 e 100 visitantes simultaneamente. Comezaron a súa experiencia en Riazor, aÃnda que a mala climatoloxÃa obrigou a pechar antes de tempo. Esta fin de semana trasladan o seu campamento de 250 metros e nove obradoiros ata Sanxenxo (Areal de Baltar en Portonovo, do venres 19 ao sábado 21) co que pretenden dar a coñecer os contidos relacionados co medio mariño distribuÃdos en cinco módulos repartidos en nove obradoiros que van desde a coñecer o propio proxecto cientÃfico Campus do Mar, ata coñecer de onde veñen os principais peixes que consumimos, como se chaman ou cales son as súas tallas mÃnimas.