Un encontro reúne en San Simón a investigadores científicos para falar do futuro

Coordinado polo director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, terá lugar do 26 ao 28 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

¿Como pode afectar internet ás universidades, ao traballo, á medicina?, ¿Somos conscientes ou culpables, ou responsables?, ¿Como se manifesta o futuro? Estas son algunhas das preguntas que pretenderán respostar científicos, xornalistas e personalidades vencelladas ao mundo da ciencia entre o 26 e o 28 de agosto. Trátase do encontro Testemuñas do futuro, organizado pola Fundación Illa de San Simón e a Axencia Galega de Industrias Culturais, está coordinado polo director do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, Ramón Núñez. As xornadas fan un aceno á figura e ao legado de Julio Verne por ser un dos grandes visionarios da historia no relativo aos avances tecnolóxicos e unha das iconas da Illa de San Simón, pola alusión na súa obra Vinte mil leguas de viaxe submarina aos galeóns afundidos na Ría de Vigo.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito