A Illa de San Simón acollerá as X Xornadas do Pensamento Máxico

O evento coordinado pola Asociación de Magos Profesionais celebrarase os días 14 e 15 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Analizar as tendencias na arte da maxia e ámbitos como maxia e televisión, maxia para empresas, maxia con líquidos ou guión e maxia son algúns dos temas que se tratarán nas X Xornadas de Pensamento Máxico. Este evento, coordinado pola Asociación de Magos Profesionais de Galicia e mais a Fundación Illa de San Simón, contará coa presenza de ilusionistas chegados de todo o estado e mesmo de Europa e de América. Segundo a Consellaría de Cultura "estas xornadas permitirán á Fundación Illa de San Simón continuar no seu traballo pola internacionalización e desenvolvemento do proxecto 'Illa do Pensamento'".

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Illa de San Simón, Guión, América, Europa