O Museo do Mar e a Fundación Illa de San Simón organizan viaxes culturais pola Ría de Vigo

O prazo de inscrición está aberto

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Unha viaxe en barco dunha hora, dúas máis de estancia na Illa de San Simón e volta. Todo comentado e con material de apoio para cada un dos asistentes. Esta é a proposta que co lema E miraremos las ondas presentaban esta mañá o Museo do Mar de Vigo e mais a Fundación Illa de San Simón. Os itinerarios culturais desenvolveranse cada domingo entre o 12 de outubro e o 9 de novembro, e a reserva pode facerse no web da Fundación ou telefonicamente nos números 986903884 ou 671065030. Segundo explica a Consellaría de Cultura, da que dependen as dúas institucións organizadoras, con esta proposta quérese "potenciar e consolidar a ría de Vigo como destino cultural e turístico centrado no mar".

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Illa de San Simón, Ría de Vigo