Vigo limita o horario de visitas á vila romana de Toralla

Pouca afluencia na visitas nocturnas do parque arqueolóxico de Campo Lameiro

11/8/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
25 lecturas | Compartido 0 veces

Foi un dos proxectos estrela do concello de Vigo e agora naufraga por falta de mantemento. Maleza e as instalación pechadas (agás catro horas á semana) é o estado actual da vila romana de Toralla. Segundo publica hoxe Faro de Vigo, o concello alega “falta de demanda” para manter un horario que abre só xoves e domingos de 11 a 13 horas. Escasa tamén é a demanda das visitas nocturnas ao Parque de Campo Lameiro. Tal e como recolle El País na súa edición de hoxe, só 150 curiosos (dez visitas, cun mínimo de 15 persoas en cada unha) seguiron esta visita guiada que comezou hai mes e medio, coa apertura ao público deste recinto arqueolóxico que estuda, documenta e divulga a idade de bronce. Máis afluencia teñen as visitas diurnas que se manteñen ata as 20:00 horas ata o 31 de agosto.


Do mesmo ámbito

29/08/2016

Divulgar a arte das sombras

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro explora novos xeitos de chegar ao público

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, El País, Concello de Vigo, Faro de Vigo...

Claves

Conceptos
Lugares