Falta de organización e gran expectación na apertura ao público da vila de romana de Toralla

Dosier: Mirambell

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Con seis anos de atraso con respecto á data prevista inicialmente, esta fin de semana abría ao público o depósito romano da finca de Mirambell, na viguesa illa de Toralla. Dúas décadas de escavacións que saen á luz para exhibir como se vivía en tempos do Imperio Romano. Nesta primeira fin de semana houbo máis de trescentas visitas que, segundo recolle a prensa local, destacaban a falta de organización na visita ao depósito. A entrada (fin de semana e festivos de agosto de 11:00 a 20:00 horas) será de balde e o Museo Quiñones de León será o encargado de xestionar as visitas guiadas.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Imperio Romano, Museo Quiñones de León, Culturagalega, Exposicións...