Só o 38 por cento da mocidade do país emprega habitualmente en galego

No ámbito familiar, cun 44,8% de falantes é onde mais se emprega

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Unicamente un 38,6% da mocidade do país de entre 15 e 29 anos fala habitualmente en galego, fronte a un 59,9%% que prefire expresarse en castelán. Estes son os datos que se desprenden do informe Xuventude galega 2010, dispoñible na páxina da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. A porcentaxe incrementouse en case seis puntos a respecto dos datos de 2007, segundo anunciou a Xunta de Galicia. No informe precíbese un grande desequilibrio na presenza da nosa lingua en canto a usos, xa que un 44,8% dos enquisados a emprega habitualmente no fogar pero só un 28,2% escribe en galego os seus mails, sms ou cartas para os amigos.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Dirección Xeral de Xuventude, Xunta de Galicia