Só un 2,92 por cento da poboación le habitualmente en galego

Faise público o informe sobre hábitos de lectura e compra de libros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O pasado mes de abril, a Consellaría de Cultura adiantou algúns datos do Informe sobre hábitos de lectura e compra de libros en Galicia que lle encargou á empresa Conecta e que prometeu facer público con posterioridade. Agora, no web da Asociación de Editores podemos atopar un arquivo en formato PDF no que se pode ler íntegro este material. Segundo os datos do mesmo, só un 2,92% da poboación total do noso país le habitualmente en galego, o que supón aproximadamente 81.000 persoas. Ao tempo, o 93,3 por cento dos lectores habituais fano en castelán, aínda que un 54,4% tamén le de xeito ocasional na nosa lingua.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Asociación Galega de Editores

Claves

Conceptos