Xuventude integra o seu voluntariado lingüístico nunha rede europea

O programa quere achegarlle a nosa lingua a foráneos que visiten o país

9/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
32 lecturas | Compartido 0 veces

Volangteer-Learning Regional Lenguages through Volunteers é o nome do programa de voluntariado lingüístico ao que se acaba de adherir a Dirección Xeral de Xuventude. Na proposta participan representantes de Grecia, Holanda e Francia ademais de galegos e ata o vindeiro 2010 desenvolveranse en paralelo experiencias piloto de intercambio no noso país e en Friedland (Holanda). A partir dos datos recollidos nestes primeiros intercambios desenvolverase de xeito xeral o programa en todos os países participantes. A nivel galego, a iniciativa irá dirixida a estudantes de intercambio e persoas que boten longo tempo no noso país. Segundo explicou Rubén Cela, director xeral de Xuventude e Voluntariado, desde 2007 houbo arredor de 1000 participantes no Programa de Activación Lingüística.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Holanda, Dirección Xeral de Xuventude, Grecia...

Claves

Protagonistas
Conceptos