
Antón Patiño, Rubén Ramos Balsa, Xoán Anleo, Manuel Vilariño, Fernando Casás e Mar Caldas, entre outros, son os artistas escollidos por Celia Adrián, para propor un percorrido artÃsticos que fale das diferentes formas de expresar a vida. Este itinerario virtual insÃrese dentro do proxecto de comisariados en liña que comezaron hai uns meses en Culturagalega.org. Nesta ocasión é a estudante do Mestrado de Arte da Universidade de Santiago Celia Adrián, a que fai unha visita polos arquivos para reflexionar sobre o que bautizou como "Tránsito vital".
Atalaia é o centro de recursos para coñecer aos artistas, as obras, os eventos, as publicacións e as entidades vinculadas á arte contemporánea en Galicia que mantén desde hai un ano Culturagalega.org. O proxecto está coordinado pola Sección de Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega e propon a crÃticos, profesionais e estudantes de arte contemporánea un percorrido guiado polo catálogo que está na rede, para redescubrir as obras dos artistas.