A rúe du Trône en Bruxelas alberga, desde onte, a delegación permanente do sistema universitario galego. Está no interior da sede do Consello Superior de Investigacións CientÃficas (CSIC), situado estratexicamente ao lado da Dirección Xeral de Invetigación e Innovación da Comisión Europea, que decide o destino dos fondos relativos a I+D+i. Nesa mesma xuntanza, os responsables das tres universidades galegas, xunto co consello reitor do Campus do Mar acordaron a composición das cinco comisións executivas que contará este campus cientÃfico (son Investigación, Transferencia, Internacionalización, Docencia e Captación de Talento e Proxección Social e Cultura CientÃfica). Ademais, todas estas partes acordaron a creación de catro clúster de I+D que centralizarán as actividades de investigación.
O Campus do Mar concentra a 3101 investigadores, 1359 doutores, 24 institucións, 10634 traballos de investigación, 582 teses de doutorado, 6402 proxectos de investigación e 274 millóns de euros en contratos de I+D.