Profesionais do audiovisual e do teatro propoñen un plan para estes sectores

Solicitaron unha entrevista co presidente da Xunta para os vindeiros días

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Facturaron 280 millóns de euros anuais, empregan a 4.000 persoas e teñen bos resultados de crítica, audiencia e público. Estes son algúns dos motivos esgrimidos polo sector audiovisual (AAAG, AGA, AGAG, AGAPI, AEGA, APRADOGA, ATEGA e CREA) e o das artes escénicas galegas (Escena Galega) para solicitar unha entrevista co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. A esa xuntanza, que esperan celebrar nos “vindeiros días”, elaborarán un documento consensuado polo sector con propostas concretas. Entre elas, destaca a aplicación un plan especial para a TVG que lle permita acometer os cambios estruturais sen esquecer a obriga legal de investir o 6% dos seus ingresos no financiamento de producións independentes.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Artes Escénicas, AAAG, TVG...