AEGA propónlle a Feijóo privatizar parcialmente a Televisión de Galicia

A Xunta está a estudar a proposta que externalizaría toda a produción agás os informativos

27/9/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
23 lecturas | Compartido 0 veces

A dependencia entre o sector empresarial audiovisual e a Televisión de Galicia é unha relación sabida e constatada en numerosos informes. Agora, o sector representado en AEGA (A Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual) acaba de poñerlle sobre a mesa ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, unha proposta que implica a privatización parcial. Tal e como publica hoxe El País, ese documento contempla que os servizos informativos, a xestión e o control seguirían sendo públicos, mentres que privatizaría o resto da produción.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Televisión de Galicia, Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual, El País, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)