A música experimental chega ao Gaiás co ciclo Ruído de fondo

No Age e Hayvanlar Alemi abren esta proposta experimental

6/7/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Ata o vindeiro mes de decembro, a Cidade da Cultura acollerá o ciclo Ruído de fondo dedicado á música experimental. A banda turca Hayvanlar Alemi abre o vindeiro 24 de xullo ás 22 horas o programa cun concerto no que amosarán a súa mestura de psicodelia, rock, folk, ska, ritmos tailandeses e surf. O dúo californiano No Age, composto por Dean Spunt e Randy Randal, continuará coa experiencia o vindeiro 18 de agosto. Ademais, participará no evento a artista Alyce Santoro, elaborando un traxe sonoro no que poderán participar todos os galegos que o desexen enviando os seus arquivos a ruidodefondo@cidadedacultura.org. As entradas estarán dispoñibles no web servinova.com a un prezo de 5 euros máis gastos de xestión.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGE, Gaiás, Folk, Rock...

Claves

Conceptos
Lugares