O II Festival Vibracional TPS leva a música improvisada ao Gaiás

A Cidade da Cultura acolle este evento o vindeiro 4 de xuño

23/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Cartel do II Festival Vibracional TPS

Dous anos despois da súa primeira edición, o Festival Vibraciona TPS, dedicado á música improvisada, volta ao noso país. A Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 4 de xuño as actuacións de Llorenç Barber, Paolo Angeli e Germán Díaz, rt2dV, Montserrat Palacios ou a Orquestra de Música Espontánea de Galicia entre outras. Ademais, proxectaranse pezas videocreación experimental de creadores galegos, e o ciclo minúsculo de "concertos para auriculares". A iniciativa xorde da colaboración entre a Cidade da Cultura e mais o Centro de Novas Tecnoloxias do Pico Sagro.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Germán Díaz, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Protagonistas
Lugares