“Unha ventá aberta ao mundo para a difusión e o coñecemento da historia, a xeografÃa, as artes, os traballos, a vida cotiá e moito máis aspectos interesantes da gran comunidade humana que constitúen a vila e as terras da Estrada”. Esta é a definición do que é Miscelánea, a publicación editada polo Museo da Estrada que agora abre unha nova etapa. Despois de trece números editados, agora acaba de dar o salto á rede. A través da plataforma Digital Space e do web do propio museo, pódense consultar todos os artigos publicados. A análise da presenza da Estrada na obra de Castelao, o achegamento ás pesqueiras estradenses ous as coplas do Entroido fan parte da historia desta publicación.