A USC presenta campUSCulturae, un proxecto que potencia a diversidade cultural e lingüística

Inclúese dentro das iniciativas financiadas con cargo ao proxecto Cultura2007-2013

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Unha biblioteca internacional campUSCulturae, un museo de carácter internacional sobre a ilustración, un centro da Interculturalidade, e outro máis sobre a creatividade. Estes son algunhas das iniciativas que fan parte de campUSCulturae, un proxecto académico a prol da diversidade cultural e das minorías lingüísticas que presentou hoxe a Universidade de Santiago. Trátase dun proxecto de cooperación no que participan Portugal, Islandia, Polonia, Bulgaria e Alemaña, financiado con cargo ao proxecto Cultura 2007-2013 da Comisión Europea (cuns 2.273.857 euros). A primeira das actividades será a reunión dos diferentes integrantes do grupo, a que lle seguirán congresos, exposicións e festivais que se desenvolverán nos escenarios dos diferentes países participantes (O xardín de Fonseca acollerá en setembro o Festival das Letras, no marco desta iniciativa).

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Exposicións, Comisión Europea, Polonia...