Tres entidades propoñen a Carlos Casares para o Día das Letras 2013

As entidades promotoras desenvolverán diferentes iniciativas para promover a figura do escritor

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Museo da Limia, o Centro de Cultura Popular da Limia e mais a Fundación Carlos Casares presentaron o pasado venres a súa iniciativa para solicitar que se lle dedique o Día das Letras 2013 a este autor. De cara a conseguir este recoñecemento, as tres entidades anunciaron que desenvolverán ao longo do curso 2011-2012 diferentes iniciativas para reivindicar e dar a coñecer a súa figura. Un certame literario, un foro de debate, unha ruta literaria pola Limia son algúns dos proxectos que prevén pór en marcha.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Limia, Carlos Casares, Fundación Carlos Casares

Claves

Protagonistas
Lugares