Ilustración de Camille Jourdy para o cartel de Viñetas 2011
Comeza a se mover a programación para a 14 xeira do festival de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico. O web do evento publicaba onte o cartel desta edición, realizado por Camille Jourdy, que foi convidada ao evento o pasado ano. Hoxe confÃrmase a vindeira presenza na Coruña de Jordi Lafebre. Unha exposición amosará planchas deste autor catalán que está conseguir un grande eco en Francia con obras como
Lydie ou
La anciana que nunca jugó al tenis. O evento celebrarase entre o 8 e o 14 de agosto, aÃnda que as exposicións seguirán en marcha, como é habitual, unha semana máis.