Deseñadores, xornalistas, xente do audiovisual, xestores culturais ou produtores compoñen NóComún, a asociación profesional dedicada á xestión cultural que se acaba de presentar na rede. A iniciativa pretende abordar proxectos de maior envergadura do que poderÃan os seus membros por separado, mantendo xuntanzas para coordinar ideas e xeitos de traballo. Cada un dos participantes manterá, no entanto, a súa propia actividade como autónomo ou como empresa, e o proxecto non conta nin sequera cunha sede fÃsica. Entre os participantes está Sergio Lago, actual director da feira Culturgal, que xa cando gañou o concurso para o seu posto contaba co apoio desta iniciativa.
A iniciativa mantense aberta a novas incorporacións en dous niveis. Por unha banda, profesionais do campo da cultura poden integrarse no "núcleo duro" do proxecto mediante convite dalgún dos membros con quen xa tivese traballado. Pola outra, pódese facer parte dunha "nube" de colaboradores cos que manteñen relacións fluÃdas pero máis puntuais ou restrinxidas a proxectos concretos.
Segundo salientan os membros deste colectivo, esta é a primeira vez que se desenvolve unha iniciativa deste tipo na cultura do noso paÃs, aÃnda que coñecen propostas semellantes noutros lugares do Estado.